RECOMENDACIÓNS O PÚBLICO

ANTE A COVID-19 PROTÉXETE
TAMÉN RESPETA E PROTEXE OS DO TEU ENTORNO

OBRIGATORIO FACER O REXISTRO COVID NA WEB PARA OBTENCIÓN DO CODIGO QR

                         MASCARILLA          DISTANCIA

BASURA

NON DEIXES NINGÚN RESIDUO DO TEU PASO POLOS TREITOS DO RALLYE, SE CADA UN DE NOS RECOLLEMOS O NOSO LIXO E MAIS LIMPO E SINXELO PARA TODOS.

NO TRANSCURSO DA COMPETICIÓN

PUBLICO

¿QUÉ PODE PASAR?

Nas saídas de estrada non existe a traxectoria lóxica. Un vehículo de competición despraza unha masa a gran velocidade e por iso, en caso de accidente, é imposible adiviñar a traxectoria. Calquera rotura ou avaria mecánica pode provocar un accidente sen ningunha lóxica. Só nas zonas altas e nas zonas habilitadas polo Organizador teremos relativa seguridade. A mala actitude do público e/ou a súa incorrecta colocación nas zonas prohibidas ou perigosas poden ser motivo de anulación dunha proba. ¡¡¡NON O PERMITÁDES!!!

SI PODEMOS FACER

  • A estrada péchase ao público 1h antes da saída do primeiro vehículo: Intentar chegar ao treito coa suficiente antelación para aparcar correctamente. Aparcar o vehículo sempre fora do percorrido.
  • Manter en todo momento aos nenos baixo a supervisión dos adultos.
  • Seguir sempre as indicacións de comisarios e/ou forzas de orde público e tratalos con respeto e educación, sen eles non sería posible este deporte.
  • Debemos ter moi claro que treitos imos a presenciar e onde facelo xa que por motivos de seguridade pode ocorrer que non nos deixen mover o noso vehículo ata que remate la carreira. Non desesperar si se produce algún retraso en caso de accidente.
  • Situarnos SEMPRE en lugares elevados e/ou nas zonas habilitadas para o público pola Organización, tendo en conta que: As zonas PROHIBIDAS para o público estarán marcadas con CINTA VERMELLA e/ou CARTEIS DE PROHIBICIÓN. Obviamente é imposible marcar todo o percorrido do rallye polo que, nas zonas non marcadas con ningún tipo de cinta ou carteis empregues o sentido común e fagas caso das indicacións dos membros da Caravana de Seguridade, TRABALLAN PARA a TÚA SEGURIDADE.

NON PODEMOS FACER

  • Situarse en lugares perigosos aínda que non exista ningunha sinalización. Situarse en lugares prohibidos marcados pola Organización con CINTA VERMELLA ou CARTEIS DE PROHIBICIÓN.
  • Invadir o percorrido para ver mellor, xalear ou animar aos participantes. Lanzar obxectos ao percorrido.
  • Circular polo percorrido de forma temeraria, antes oi despois da carreira. Facer caso omiso as indicacións do persoal da Organización. Prender lumes. Deixar lixos e desperdicios nas cunetas ou zonas de público.
  • Pintar as estradas ou sinais de tráfico con mensaxes. Quitar as cintas ou sinalizacións de seguridade montadas polo Organizador. Consumir en exceso bebidas alcohólicas, volveranos irritables, inconscientes e incívicos.
  • Convén lembrar que os controis de alcoholemia e velocidade soen intensificarse nas inmediacións dos treitos cronometrados do rallye.

PROHIBIDO

PERIGO