REXISTRO COVID PÚBLICO

REXISTRO COVID PARA PÚLICO OBTENCION DE CÓDIGO QR OBRIGATORIO

OS ENLACES DO REXISTRO COVID,
Activarase Dende O Luns 12 Poderá Facerse Ata O Día Venres 16/10/20 Ás 23:59 Horas.

SISTEMA DE CONTROL QR emprado pola xentileza da empresa

logo-rallycar-grande

Atendendo ás necesidades e solicitudes das administracións en materia de control da pandemia do coronavirus Covid-19, Escudería Miño decidiu tamén implantar o rexistro de entrada nos tramos cronometrados para todos os afeccionados (Só maiores de 14 anos) que acudan a presenciar a proba.

O funcionamento será similar ao rexistro de acceso á zona de asistencia, pero independente; isto é, hai que realizar unha inscrición específica para acceder ás especiais, obtendo para iso outro código QR. Podes facelo AQUI

Desta forma permítese que a organización e, por tanto, as autoridades sanitarias poidan contar cun control efectivo dos afeccionados que acudiron aos diversos puntos do rallye. Con esta solución, no caso de que se comunique algún positivo por coronavirus, os responsables sanitarios poden avisar e establecer as medidas oportunas ás persoas coas que puidese estar en contacto o afectado durante a celebración da proba.

A nova medida obrigará á localización de distintos puntos de control nos accesos dos tramos, onde o público asistente terá que mostrar o código QR que obtivese para poder acceder a esa zona. Pedimos tamén para iso a máxima colaboración de quen acuda.